Logo IES San Mamede

IES San Mamede

Avaliación de Diagnóstico 2º ESO

Guía rápida de aplicación e procedementos

Información básica

A avaliación de diagnóstico é unha avaliación do sistema educativo establecida pola lexislación estatal e realizada en todas as comunidades autónomas. Lévase a cabo co alumnado de 2º de ESO e de 4º de Educación Primaria.

Non se trata dunha avaliación individual do alumnado. Polo tanto:

  • Non hai cualificacións individuais.
  • Non se incorporan datos ao expediente académico.
  • Non se elaboran informes individualizados para o alumnado.

En consecuencia, esta avaliación non ten ningún efecto académico.

Este curso realizarase mediante unha proba dixital en liña. O proceso require seguir diversas indicacións organizativas, polo que intentaremos preparar e xestionar todo o posible para facilitar o desenvolvemento da proba e reducir ao máximo a carga de traballo para o profesorado.

Ligazóns Principais

Avalia

Acceso para persoas aplicadoras para marcar presenza e xestionar as quendas

Acceso á plataforma da proba (alumnado)

O alumnado realizará a proba nesta plataforma empregando as credenciais facilitadas polo centro. A continuación inclúense as ligazóns necesarias.

Acceder á plataforma Vídeo explicativo

Resumo do que se ten que facer na proba

Cada día hai dúas quendas seguidas. Na primeira, o alumnado responde na plataforma; na segunda, responde nunha folla física individual co seu código e sen datos persoais.

Antes de comezar:

  • Abrir esta páxina web en todos os ordenadores (profesorado e alumnado participante) accedendo a ela a través da páxina web do instituto www.iessanmamede.com, premendo no menú “Ligazóns” → “AD 2025/26” .
  • Marcar a presenza na proba do alumnado na aplicación Avalia , no apartado 7.3, en cada unha das dúas quendas.
  • Facilitar ao alumnado as
  • O alumnado accederá á plataforma da proba . Se non saben como acceder, poden visualizar este vídeo de acceso .
  • Reproducir no ordenador do profesorado o vídeo ou o audio coas instrucións da proba, dispoñibles para descarga máis abaixo nesta páxina para cada un dos días da proba (agás o último día, que non dispón de audio).

Durante a aplicación:

  • Na primeira quenda, o alumnado responde directamente na plataforma.
  • Ao rematar esa primeira quenda, o alumnado non pode saír da aula e continúa coa segunda.
  • Na segunda quenda, o alumnado responde na folla física personalizada que se lle entrega. As follas físicas pódense descargar desde a carpeta correspondente .
  • Cando todo o alumnado remate a proba da última quenda, poderá saír ao patio acompañado polo profesor ou profesora que estea na aula. Dado que previsiblemente rematarán durante a última sesión lectiva da mañá, o alumnado permanecerá no patio ata que soe o timbre que indica o final da xornada lectiva da mañá.

Calendario e funcionamento detallado

A partir das 12:30h .
Non se pode saír entre quendas.
Baixada ao patio ao rematar.

LUNS, 13 de abril

Xornada 1
Primeira quenda Audio Instrucións

Lingua Galega e Literatura

Tarefa caderno nº 1: O alumnado responderá a través da plataforma dixital.

Aula Informática

Aula Multimedia

Segunda quenda Audio Instrucións

Lingua Galega e Literatura

Tarefa caderno nº 2: O alumnado seguirá as instrucións na plataforma dixital e responderá nunha folla de resposta en papel personalizada.

  • As follas de resposta estarán dispoñibles previamente na aula.
  • O profesorado presente repartirá a cada alumno ou alumna a folla correspondente.
  • Cada folla inclúe unicamente o código do alumno, polo que deberedes comprobar que cada estudante recibe a súa folla correcta.
  • No caso de que falte algunha folla ou sexa necesario imprimila novamente, pode descargarse desde a seguinte ligazón: descargar follas de resposta en papel .
  • Cando todo o alumnado remate a proba, o profesorado da aula recollerá os cadernos de resposta en papel e deixaraos en Xefatura de Estudos ou na Dirección do centro. O alumnado poderá saír ao patio acompañado polo profesor ou profesora que estea na aula. Dado que previsiblemente rematarán durante a última sesión lectiva da mañá, permanecerán no patio ata que soe o timbre que indica o final da xornada lectiva da mañá.
Descargar Follas Físicas

Aula Informática

Aula Multimedia

MARTES, 14 de abril

Xornada 2
Terceira quenda Audio Instrucións

Lingua Castelá e Lit.

Tarefa caderno nº 1: O alumnado responderá a través da plataforma dixital.

Aula Informática

Aula Multimedia

Cuarta quenda Audio Instrucións

MÉRCORES, 15 de abril

Xornada 3
Quinta quenda Audio Instrucións

Lingua Estranxeira

XOVES, 16 de abril

Xornada 4
Sétima quenda Audio Instrucións

Matemáticas

Tarefa caderno nº 1: O alumnado responderá a través da plataforma dixital.

Aula Informática

Aula Multimedia

Oitava quenda Audio Instrucións

VENRES, 17 de abril

Xornada 5
Novena quenda Audio Instrucións

Xeografía e Historia

Tarefa caderno nº 1: O alumnado responderá a través da plataforma dixital.

Aula Informática

Aula Multimedia

Décima quenda Audio Instrucións

Ciencias Experimentais

Tarefa caderno nº 1: O alumnado responderá a través da plataforma dixital.

Aula Informática

Aula Multimedia

Aulas asignadas

Alumnado que fará a proba en papel - Aula Multimedia

Este alumnado permanecerá na aula multimedia durante a realización da proba, pero realizará a proba en formato papel e sen empregar os ordenadores.

Aula de Informática

Realizará a proba dixital todo o alumnado de 2º ESO A non incluído na listaxe de alumnado que fará a proba en papel.

Aula Multimedia

Realizará a proba dixital todo o alumnado de 2º ESO B non incluído na listaxe de alumnado que fará a proba en papel.

Profesorado aplicador e tarefas

As persoas aplicadoras serán, con carácter xeral, as docentes que teñan clase en cada grupo nas horas de realización da proba. No calendario indícase a persoa aplicadora correspondente en cada sesión e en cada aula.

No caso de ausencia de Rosa ou Diego , será este profesorado quen asuma a aplicación da proba no grupo correspondente.

  • Marcar a presenza do alumnado

    No apartado 7.3 da plataforma (aplicación da quenda no grupo), en cada quenda e todos os días.

    O alumnado que realiza a proba en papel (indicado na listaxe) non se marcará como presente.
    Acceso a Avalia
  • Facilitar o acceso do alumnado

    Repartir as credenciais entregadas previamente e amosar o vídeo titorial de acceso á proba.

  • Reproducir as instrucións

    Reproducir no ordenador da aula o vídeo ou o audio coas instrucións da proba antes do seu inicio.

  • Supervisar a realización da proba

    Supervisar o desenvolvemento da proba durante as dúas quendas correspondentes.