Esta páxina completa e desenvolve a información incluída nas follas de matrícula, detallando de forma clara as condicións de permanencia no centro e as autorizacións solicitadas. É necesaria a súa lectura detida antes de asinar o documento impreso.
A sinatura da matrícula física implica que as persoas proxenitoras e/ou titoras legais, ou o propio alumnado no caso de ser maior de idade, declaran ter lido e coñecer as condicións establecidas nesta páxina. Así mesmo, declaran ter lido e comprender o alcance das autorizacións que se recollen nela, asumindo a responsabilidade que poida derivarse da súa concesión nos termos indicados.
Sinatura da matrícula: Deberán asinar o/a alumno/a e as dúas persoas proxenitoras ou titoras legais no caso de alumnado menor de idade.
Será suficiente unha única sinatura nos supostos de falecemento dun dos proxenitores, familias monoparentais ou cando a patria potestade corresponda legalmente a unha soa persoa.
Nas follas de matrícula inclúense unicamente as materias que son obxecto de elección por parte do alumnado.
O deseño curricular completo de todos os cursos, incluíndo as materias obrigatorias, as materias de elección e a carga horaria correspondente a cada unha delas, pode consultarse detalladamente na seguinte ligazón:
Consultar o deseño curricular completoAlumnado de ESO / FPB
No momento en que se asina a matrícula física, as persoas proxenitoras e/ou titoras legais do/a alumno/a (en diante, persoas responsables legais) declaran coñecer e aceptar as condicións xerais de permanencia no centro e determinadas autorizacións básicas vinculadas á organización ordinaria da xornada escolar.
As persoas responsables legais declaran coñecer que o/a alumno/a ten a obriga de asistir a todas as clases e de permanecer no centro durante toda a xornada lectiva.
Permanencia obrigatoria no centro durante o horario lectivo
O/a alumno/a non poderá abandonar o centro pola súa conta durante o horario lectivo.
Unicamente poderá saír:
- Ao rematar a xornada lectiva ordinaria, xa que a sinatura da matrícula por parte das persoas responsables legais implica a autorización para que o/a alumno/a poida saír só/soa do centro ao finalizar a xornada lectiva.
- Se é recollido por unha persoa responsable legal.
- Se é recollido por algunha das persoas autorizadas expresamente na folla de matrícula.
Ademais desta autorización xeral, no impreso físico de matrícula hai dous apartados que deben cubrirse expresamente:
1. Participación en actividades no contorno do centro
Neste apartado do impreso, as familias deberán indicar expresamente se autorizan ou non a participación do/a alumno/a nas actividades lectivas, complementarias e/ou extraescolares realizadas no contorno do centro.
Esta autorización refírese ás actividades que se desenvolvan:
- En horario lectivo.
- Dentro das dependencias do centro ou no seu contorno exterior.
- Baixo a supervisión directa do profesorado responsable.
- Sen necesidade de empregar ningún medio de transporte.
2. Persoas autorizadas para recoller o/a alumno/a
Neste apartado do impreso, as familias poderán indicar outras persoas autorizadas para recoller o/a alumno/a durante o curso escolar.
As persoas proxenitoras e/ou titoras legais considéranse autorizadas por defecto. Nesta táboa só deben engadirse outras persoas autorizadas, indicando o seu nome, apelidos e DNI.
Alumnado menor de idade de Bacharelato / SMR / DAM
No momento en que se asina a matrícula física, as persoas proxenitoras e/ou titoras legais do/a alumno/a (en diante, persoas responsables legais) declaran coñecer as condicións xerais de permanencia no centro.
O/a alumno/a ten a obriga de asistir a todas as clases e de permanecer no centro durante toda a xornada lectiva.
Saídas durante o horario lectivo
O/a alumno/a non poderá abandonar o centro pola súa conta durante o horario lectivo, agás nos supostos autorizados expresamente na folla de matrícula, que se detallan a continuación.
No impreso físico de matrícula, as persoas responsables legais deberán marcar expresamente se autorizan ou non as seguintes situacións:
Autorizacións de saída
Nesta parte da matrícula debe indicarse, para cada caso, se a familia autoriza ou non a saída, incorporación ou participación do/a alumno/a.
Estas autorizacións refírense aos seguintes supostos:
- Saída do centro por si só/soa en caso de indisposición.
- Saída do centro por si só/soa durante os recreos.
- Incorporación á primeira hora lectiva con profesorado presente, cando exista coñecemento previo da ausencia do profesorado nas primeiras sesións.
- Saída do centro nas últimas sesións lectivas consecutivas, en caso de ausencia do profesorado que imparte docencia nesas horas.
- Participación nas actividades lectivas, complementarias e/ou extraescolares que se desenvolvan no contorno do centro, nos termos recollidos na información complementaria.
Importante: no caso de autorizar algunha destas situacións, as persoas asinantes na matrícula asumen a responsabilidade correspondente durante os períodos indicados e eximen á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que o/a alumno/a poida sufrir nese tempo.
Alumnado maior de idade de Bacharelato / SMR / DAM
No momento en que se asina a matrícula física, o alumnado maior de idade, declara coñecer o seguinte:
O/a alumno/a ten a obriga de asistir a todas as clases.
En ningún caso o alumnado maior de idade poderá abandonar ou acceder ao centro durante o horario lectivo no transcurso das clases. Calquera entrada ou saída deberá realizarse exclusivamente entre sesións lectivas.
No caso de que o/a alumno/a maior de idade abandone o centro durante o horario lectivo, farao baixo a súa exclusiva responsabilidade, eximindo á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poida sufrir durante ese período.
No apartado do impreso físico de matrícula que se amosa na imaxe inferior, as persoas proxenitoras e/ou titoras legais, ou o propio alumnado no caso de ser maior de idade, deberán indicar expresamente se autorizan ou non ao IES San Mamede á captación e difusión de imaxes, fotografías, vídeos e demais material gráfico do/a alumno/a.
Esta autorización ten como finalidade exclusiva a difusión e promoción das actividades educativas, culturais, deportivas, conmemorativas ou institucionais organizadas polo centro, tanto dentro como fóra das súas instalacións.
As imaxes poderán publicarse nas canles oficiais de comunicación do centro, como a páxina web ( www.iessanmamede.com ), redes sociais institucionais ( Instagram , Facebook ), memorias de actividades, revista do centro, medios de comunicación, trípticos, carteis ou montaxes multimedia relacionadas coa actividade educativa.
Autorización de difusión de imaxes
Neste apartado da matrícula deberá marcarse se se autoriza ou non a utilización de imaxes do/a alumno/a nos termos explicados arriba.
A utilización da gabeta escolar considérase autorizada por defecto coa sinatura da matrícula , agás que se indique expresamente o contrario no apartado correspondente do impreso físico de matrícula.
A solicitude e utilización da gabeta implica a aceptación das condicións de uso e do réxime de préstamo descritos nesta sección.
Utilización da gabeta escolar
No apartado da matrícula que se amosa na imaxe inferior poderá indicarse expresamente se se autoriza ou non a utilización da gabeta escolar.
Condicións de utilización
- O centro, ao comezo de curso, porá a disposición do/a alumno/a unha gabeta para gardar o material escolar.
- O/a alumno/a comprométese a facer un uso correcto da gabeta e a mantela en bo estado , evitando pegar adhesivos, realizar pintadas ou calquera outra acción que poida deteriorala.
- No caso de existir danos imputables ao/á usuario/a da gabeta, deberán aboarse antes da finalización do curso escolar.
- O alumnado de 1º ESO aboará 2€ no momento de formalizar a matrícula.
- Aboaranse 2€ en caso de perda da chave ou 6€ en caso de rotura da fechadura .
Google Workspace for Education
Google Workspace for Education é un conxunto de aplicacións de Google que o alumnado terá á súa disposición, de forma gratuíta, para o desenvolvemento das súas actividades escolares.
Autorización na matrícula
A creación e uso da conta educativa de Google Workspace for Education vén autorizada por defecto coa sinatura da matrícula . Se non se desexa autorizar, deberá riscarse a opción “NON AUTORIZAN” no apartado correspondente do impreso físico.
Que implica esta autorización?
A autorización implica a aceptación da política de uso de Google Workspace for Education, a creación dunha conta corporativa para o/a alumno/a no dominio do instituto e a aceptación das condicións de tratamento de datos indicadas nesta sección.
O consentimento poderá revogarse en calquera momento solicitándoo por escrito ao centro, o que implicará a desactivación da conta educativa.
Responsabilidade do tratamento e uso dos datos
O IES San Mamede actúa como responsable do tratamento dos datos do alumnado. Google actúa como encargado do tratamento no marco das condicións contractuais de Google Workspace for Education , incluíndo o Acordo de Procesamento de Datos - DPA.
O centro proporciona a Google os datos básicos necesarios para crear a conta institucional do alumnado: nome, apelidos e curso.
Política de privacidade e máis información
Aviso de Privacidade
Explica especificamente como se protexen as contas educativas, cun nivel de privacidade máis estrito que o das contas persoais.
Ler Aviso de PrivacidadePolítica de Google
Recolle as normas xerais que aplican a Google como empresa e aos seus servizos de forma global.
Ler Política XeralCondicións de Servizo
Establecen o marco legal de uso de Google Workspace for Education, incluíndo as condicións aplicables e o Acordo de Tratamento de Datos.
Ler Condicións de ServizoSen publicidade e con fins educativos
Importante: nos servizos principais de educación, Google non serve publicidade nin utiliza os datos do alumnado con fins comerciais.
Para calquera dúbida técnica, cuestión relativa á xestión dos datos ou se desexa exercer os seus dereitos en materia de protección de datos, pode contactar coa administración do centro no seguinte enderezo: ies.san.mamede@edu.xunta.gal
Solicitude do servizo de comedor
No apartado do impreso físico de matrícula que se amosa na imaxe inferior, poderá indicarse expresamente se se solicita ou non o servizo de comedor escolar.
A solicitude do comedor formalizarase marcando a opción correspondente na matrícula e cumprimentando a documentación adicional indicada para este servizo.
Importante
En caso de non solicitar o comedor escolar , a familia faise responsable do/da alumno/a os luns de 14:10h a 15:40h (período correspondente ao servizo de comedor), eximindo á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que o/a alumno/a poida sufrir nese período.
Información sobre protección de datos persoais
Información aplicable ao conxunto dos datos recollidos no proceso de matrícula.
Xunta de Galicia. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
A tramitación administrativa derivada da xestión desta matrícula, así como a xestión académica e administrativa do alumnado durante a súa escolarización no centro.
O cumprimento dunha tarefa realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme á normativa vixente. Así mesmo, cando proceda, o tratamento basearase no consentimento das persoas interesadas.
As administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos procedementos. Así mesmo, poderán comunicarse datos a entidades públicas ou privadas cando sexa necesario para a prestación de servizos relacionados coa actividade educativa (comedor, transporte escolar, actividades complementarias e extraescolares), conforme á normativa aplicable.
As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos na Secretaría do IES San Mamede.
Pode consultarse información ampliada sobre protección de datos na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos