Formación Profesional     Curso 2026/2027

Admisión e matrícula FP - Ciclos Medio e Superior

Información para solicitar admisión e formalizar matrícula nos ciclos de SMR e DAM no IES San Mamede.

Prazo de solicitudes

Axuda no proceso de admisión

O habilitarase unha aula informática para as persoas que desexen realizar o proceso de admisión. O orientador do centro estará presente para prestar apoio e resolver dúbidas.

Información básica do proceso

Claves principais para alumnado de ciclos de grao medio e superior.

Alumnado de 1º repetidor

O alumnado de 1º de SMR ou 1º DAM que repita debe solicitar admisión de novo, como calquera outra persoa que queira acceder a un ciclo formativo.

Alumnado que promociona a 2º

O alumnado de 1º que promocione a 2º curso deberá matricularse directamente, sen necesidade de facer de novo o proceso de admisión.

Orde de adxudicación

Cando existan máis solicitudes que prazas, a nota media do expediente influirá na orde de adxudicación.

Calendario principal

Solicitudes de admisión

Resolución provisional

1ª adxudicación

2ª e 3ª adxudicación

Calendario integrado do proceso

Consulta as datas clave directamente no calendario oficial.

Como presentar a solicitude de admisión?

A solicitude realízase a través da aplicación oficial CiclosAdmisión da Xunta.

En liña

Aplicación CiclosAdmisión

Plataforma oficial da Xunta

1

Accede á aplicación web oficial de admisión en ciclos formativos.

2

Podes solicitar ata 4 opcións de ciclo, centro e quenda por cada grao . A orde escollida será a empregada na adxudicación de prazas.

3

A documentación achegarase de xeito telemático, salvo que a aplicación indique que é necesario entregala nun centro educativo para que a solicitude sexa válida.

Acceder a CiclosAdmisión

Axuda no centro

Apoio presencial

O habilitarase unha aula informática para todas as persoas que desexen realizar o proceso de admisión. O orientador do centro estará presente para prestar apoio e resolver calquera dúbida.

Lembra

Presentar a solicitude non é o mesmo que estar matriculado/a. Se obtés praza, deberás formalizar a matrícula no prazo correspondente.

Matrícula e adxudicación continuada

Unha vez obtida praza, é obrigatorio formalizar a matrícula dentro do prazo. Se non formalizas a matrícula nin renuncias no prazo correspondente, podes quedar excluído/a do proceso de admisión.

Onde facer a matrícula?

No centro

A matrícula pode formalizarse presencialmente no centro no que se obtivo a praza adxudicada.

Na aplicación web

Tamén pode realizarse a través da aplicación web oficial, empregando os datos de identificación e o código da solicitude coa que se obtivo a praza.

Prazos de matrícula

1ª adxudicación
2ª adxudicación
3ª adxudicación
Adxudicación continuada

Sobre a adxudicación continuada

A partir de setembro, se existen vacantes, os centros poderán realizar chamamentos ao alumnado das listaxes de espera para cubrir prazas dispoñibles. É importante estar pendente dos teléfonos indicados na solicitude.

Se se acepta unha praza nun chamamento, deberá entregarse a documentación e formalizar a matrícula no prazo indicado polo centro. Non presentarse no prazo supón perder o dereito sobre esa praza.

Preguntas Frecuentes

Si. O alumnado de 1º de SMR ou 1º DAM que repita debe solicitar admisión de novo.
Non. O alumnado que promociona a 2º curso debe matricularse directamente, sen facer de novo o proceso de admisión.
Pódense solicitar ata 4 opcións de ciclo, centro e quenda por cada grao. A orde indicada é importante, xa que será a que se empregue na adxudicación de prazas.
Debes formalizar a matrícula dentro do prazo correspondente á adxudicación. Se non o fas, podes perder a praza.
Podes renunciar á praza adxudicada para continuar no proceso e seguir optando a opcións de maior preferencia. Se non te matriculas nin presentas renuncia dentro do prazo, quedarás excluído/a do proceso de admisión.