Dereitos e obrigas
NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO
Documento que regula os dereitos, obrigas, funcionamento do centro, réxime disciplinario e procedementos de convivencia do IES San Mamede (Maceda, Ourense).
Este resumo foi elaborado a partir dos datos do documento orixinal e pode conter erros ou simplificacións. Para calquera comprobación normativa, consulta o documento oficial das NOF .
DEREITOS E OBRIGAS
Aspectos Clave do Capítulo I
- Profesorado: Condición de autoridade pública e garantía de liberdade de cátedra (Art. 1).
- Alumnado: Recoñecemento de dereitos e obrigas básicas segundo a Lei 4/2011 (Art. 3).
- Dereito de Reunión (Folga): Permitido a partir de 3º de ESO . Esíxese acta presentada con 24h de antelación e convocatoria lexítima (Art. 5). Non require autorización de pais/nais (Sentenza do TS, Art. 5.d).
- Educación Obrigatoria (1º e 2º ESO): Non teñen recoñecido o dereito de folga sen asistencia (Art. 5.a).
1.1 Sobre o profesorado.
Artigo 1 Marco xeral da actuación do profesorado
O profesorado do centro, no marco do respecto á Constitución e ás leis, ten garantida a liberdade de cátedra e ostenta a condición de autoridade pública, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2011 do 30 de xuño.
O seu labor orientarase á consecución dos obxectivos educativos, de acordo cos principios establecidos na normativa vixente e no proxecto educativo do centro.
Artigo 2 Dereitos e deberes do profesorado
O profesorado do centro ten recoñecidos os dereitos e deberes establecidos no artigo 8 da Lei 4/2011, do 30 de xuño.
1.2 Sobre o alumnado.
Artigo 3 Dereitos e deberes do alumnado
O alumnado do centro tiene recoñecidos os dereitos e as obrigas básicas establecidos no artigo 7 da Lei 4/2011, do 30 de xuño.
1.3 Sobre o dereito de reunión do alumnado.
Artigo 4 Exercicio do dereito de reunión do alumnado
Co fin de promover o exercicio efectivo da participación do alumnado no centro e regular o exercicio do dereito de reunión e de manifestación no ámbito educativo, establécense neste apartado as normas de organización e funcionamento, así como as condicións nas que o alumnado poderá exercer estes dereitos.
Artigo 5 Requisitos para o exercicio do dereito de reunión
De conformidade co disposto no artigo 8 da Ley Orgánica 8/1985, de 3 de julio, reguladora del Derecho a la Educación, que recoñece o dereito de reunión do alumnado a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, as decisións colectivas adoptadas polo alumnado en relación coa non asistencia ás clases non terán a consideración de condutas contrarias ás normas de convivencia nin serán obxecto de sanción, considerándose as faltas debidamente xustificadas, sempre que se cumpran todos os requisitos que se indican a continuación:
- O exercicio do dereito de reunión e a adopción de decisións colectivas que afecten á asistencia ás clases non poderá realizarse polo alumnado matriculado en 1º e 2º de ESO, de acordo co establecido no artigo 8 da Ley Orgánica 8/1985.
- La manifestación, reunión, folga, paro ou protesta deberá estar convocada por organizacións lexítimas, tales como sindicatos ou asociacións de alumnado legalmente constituídas, e desenvolverse nos termos previstos pola lexislación vixente.
- Cunha antelación mínima de vinte e catro horas, o alumnado deberá formalizar a correspondente acta, segundo o modelo facilitado polo centro, que será presentada en xefatura de estudos ou dirección polos delegados ou delegadas dos grupos. Xunto coa acta deberá achegarse documentación acreditativa da convocatoria, como un manifesto da entidade convocante ou outro documento oficial no que conste a devandita convocatoria.
- Así mesmo, respecto do exercicio do dereito de reunión polo alumnado a partir de 3º de ESO, non será esixible a autorización previa das nais, pais ou representantes legais para a decisión colectiva de non asistencia ás clases, de acordo coa doutrina establecida polo Tribunal Supremo (recurso de casación 8/2013), ao considerar que condicionar ese exercicio á autorización familiar suporía un menoscabo da vontade do alumnado en detrimento da súa capacidade de decisión recoñecida legalmente.
O incumprimento de calquera dos requisitos anteriormente indicados implicará que a non asistencia ás clases non teña a consideración de xustificada, podendo dar lugar á aplicación das medidas correctoras que correspondan, conforme ao previsto nas presentes normas de organización e funcionamento.
Artigo 6 Tramitación das faltas de asistencia en xornadas de reunión
O profesorado rexistrará as faltas de asistencia do alumnado que non acuda ás clases durante a xornada na que teña lugar unha manifestación, reunión, folga, paro ou protesta.
Non obstante, as faltas de asistencia do alumnado que cumpra os requisitos establecidos no artigo 5 (requisitos para o exercicio do dereito de reunión), serán consideradas xustificadas, sen prexuízo da obrigatoriedade do seu rexistro no Xade.
Artigo 7 Comunicación ás familias das convocatorias
A dirección do centro informará ás familias, a través da aplicación abalarMóbil, da convocatoria de manifestación, reunión, folga, paro ou protesta que poida afectar á asistencia do alumnado ás clases.
Artigo 8 Asistencia parcial á xornada lectiva durante unha xornada de folga
No caso de que, durante unha xornada de manifestación, reunión, folga, paro ou protesta, algún alumno ou alumna asista a calquera das sesións lectivas previstas, entenderase que non está a secundar a mobilización.
En consecuencia, as faltas de asistencia que poidan rexistrarse ao longo desa xornada non terán a consideración de xustificadas por este motivo, sen prexuízo doutras causas de xustificación que poidan resultar de aplicación conforme ao previsto nestas normas.
Artigo 9 Atención ao alumnado que non exerce o dereito de reunión
O centro garantirá o dereito do alumnado a asistir ás clases e a permanecer no centro debidamente atendido cando non exerza o dereito de reunión nos termos previstos na lexislación vixente, así como no caso do alumnado que non dispoña da preceptiva autorización do pai, nai, titor ou titora, cando esta sexa legalmente esixible.
1.4 Sobre o persoal de administración e servizos.
Artigo 10 Dereitos e deberes do persoal de administración e servizos
O persoal de administración e servizos do centro rexerase, no que atinxe aos seus dereitos e deberes en materia de convivencia escolar, polo disposto no artigo 9 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.
1.5 Sobre as nais, pais ou titoras/es legais.
Artigo 11 Dereitos e deberes das nais, pais e titores/as legais
As nais e pais, así como as titoras e titores legais, en relación coa educación dos fillos e fillas ou persoas tuteladas, rexeranse polos dereitos e deberes establecidos no artigo 6 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.
ÓRGANOS DE GOBERNO
Aspectos Clave do Capítulo II
O regulamento de organización remite integramente ao Proxecto Educativo do Centro (PEC) para a definición de órganos colexiados e de goberno. Evítase así calquera duplicidade regulatoria mantendo a coherencia organizativa.
Artigo 12 Órganos de goberno do centro
Os órganos de goberno do centro, así como as súas funcións, atópanse recollidos no Proxecto Educativo do Centro (PEC), polo que non se reproducen nestas normas para evitar duplicidades, sen prexuízo da súa aplicación e cumprimento no ámbito das presentes Normas de Organización e Funcionamento.
FUNCIONAMENTO INTERNO DO CENTRO
Aspectos Clave do Capítulo III
- Entradas e Saídas: Dobre timbre á entrada das sesións lectivas (Art. 13). O alumnado de ESO e FPB non pode saír do centro sen ser acompañado (Art. 15). O alumnado maior de idade de Bacharelato e Ciclos si pode saír de recreo ou por ausencia de profesorado con aviso previo (Art. 16).
- Gardas de Convivencia: O alumnado sancionado ou que chega tarde ás aulas é redirixido á Aula de Convivencia co profesorado de garda (Art. 17, 29).
- Actividades Extraescolares: Requiren unha participación mínima do 75% do grupo (50% en viaxes de varios días) (Art. 32.d). O incumprimento inxustificado leva á exclusión de futuras saídas e ao aboamento dos gastos (Art. 32.e).
- Titoría e Familias: As familias deben concertar cita con 5 días de antelación para titorías (Art. 37).
- Absentismo e Avaliación Continua: En Ciclos Formativos, perderase a avaliación continua ao superar o 10% de faltas inxustificadas (cun apercibimento previo ao acadar o 6%) (Art. 49).
- Copias de exames: As familias poden solicitar copias por correo electrónico identificándose, pero queda prohibido publicalas en redes sociais ou internet por propiedade intelectual e protección de datos (Art. 62).
3.1 Sobre a entrada e saída de clase.
Art. 13 Puntualidade e sinalización horaria
Porase especial atención ao cumprimento da puntualidade no inicio das clases. Á primeira hora da xornada lectiva, así como tras os períodos de recreo, o timbre soará unha primeira vez para indicar a entrada nas aulas e unha segunda vez para sinalar o comezo efectivo das actividades lectivas. Entre sesións lectivas consecutivas, o timbre soará unha única vez.
Art. 14 Permanencia na aula na sesión lectiva
Á hora sinalada para o inicio das clases, o alumnado deberá ocupar o seu posto na aula correspondente, evitando permanecer ou transitar polos corredores, salvo no caso de desprazamento dunha aula a outra. Unha vez iniciada a actividade lectiva, o alumnado non poderá abandonar a aula sen causa xustificada, que deberá ser comunicada e autorizada polo profesorado.
Art. 15 Saída do centro do alumnado de ESO e FPB
O alumnado matriculado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e en Formación Profesional Básica (FPB) só poderá abandonar o centro durante a xornada lectiva acompañado dunha persoa responsable debidamente autorizada.
Art. 16 Saída de Bacharelato e ciclos formativos
O alumnado maior de idade poderá abandonar o centro comunicándoo previamente ao profesorado de garda ou equipo directivo. O alumnado menor de idade destas ensinanzas poderá facelo só con autorización expresa da familia e de garda/dirección nas últimas horas se hai ausencias do docente, ou a primeira hora se houbo aviso previo de falta continuada.
Art. 17 Incorporación tardía á sesión lectiva
Unha vez iniciada a sesión lectiva, no caso de que un alumno ou alumna chegue con atraso sen causa debidamente xustificada, non será admitido na aula correspondente e deberá presentarse ante o profesorado de garda, permanecendo na aula de convivencia ata o inicio da seguinte sesión lectiva.
Art. 18 Ausencia de profesorado ao comezo da clase
Se, transcorridos cinco minutos desde a hora fixada, o profesorado correspondente non se presentase, o delegado ou delegada do grupo deberá comunicar a situación ao profesorado de garda ou equipo directivo. En ningún caso o alumnado poderá abandonar a aula sen autorización.
3.2 Sobre as clases.
Art. 19 Lugar de realización
As actividades lectivas desenvolveranse nas dependencias sinaladas no horario. No caso de realizar cambios, solicitarase previamente o correspondente permiso á xefatura de estudos.
Art. 20 Cambios e substitucións
Calquera variación do horario lectivo ou calquera substitución do profesorado deberá contar coa aprobación previa da xefatura de estudos, que o comunicará ao profesorado de garda, así como ao profesorado e ao alumnado afectados.
Art. 21 Persoas alleas ao claustro
A intervención de persoas alleas ao claustro nas actividades lectivas deberá contar coa aprobación previa da dirección do centro.
Art. 22 Saída anticipada da aula
O profesorado non permitirá, salvo causa debidamente xustificada, a saída do alumnado da aula antes do remate da sesión lectiva sinalada no horario.
3.3 Sobre os recreos.
Art. 23 Permanencia nas aulas
Durante o período de recreo, o alumnado deberá abandonar as aulas e non poderá permanecer nos corredores.
Art. 24 Permanencia/Saída do centro
O alumnado de ESO e FPB non pode saír do recinto en recreo sen autorización. O de Bacharelato e ciclos superiores si pode saír de recreo fóra das instalacións, respectando as normas cívicas.
3.4 Sobre as gardas.
Art. 25 a 31 Funcións e tipos de garda
Art. 25 e 26 (Tipos e funcións): O profesorado de garda ten a responsabilidade do control da orde e da atención ao alumnado que quede sen profesor. Hai gardas de sesión lectiva, de recreo, de biblioteca e de transporte escolar.
Art. 27 (Garda en sesión): Atenden aos grupos de alumnos que teñan profesor ausente, facilitándolles tarefas asignadas, anotando faltas de asistencia no sistema e rexistrando incidencias.
Art. 28 e 29 (Recreos e primeira planta): Distribúense para vixiar o patio, zonas exteriores, aseos e corredores. Controlan que ninguén permaneza en aulas durante os recreos e atenden a aula de convivencia se hai derivacións.
Art. 30 e 31 (Biblioteca e Transporte): A garda de biblioteca controla a orde e axuda nos préstamos. A garda de transporte asegura que o alumnado acceda e abandone os autobuses escolares de forma ordenada e puntual.
3.5 Sobre as actividades extraescolares e complementarias.
Art. 32 Normas xerais das actividades extraescolares
1. Aprobación: Todo é aprobado polo Consello Escolar ou a súa Comisión de actividades.
2. Limitacións en 2º de Bacharelato: Non haberá actividades no 3º trimestre, salvo acordo unánime do equipo docente.
3. Acompañamento: Ratio mínima de 1 docente por cada 20 alumnos/as.
4. Participación mínima: Esíxese o 75% de participación para facer a saída (50% en viaxes de máis de un día).
5. Inasistencia inxustificada: Se un alumno inscrito falta sen xustificar, deberá pagar o importe financiado polo centro e non poderá facer máis saídas durante o curso.
6. Financiamento: Custos sufragados ao 50% entre o alumnado e o centro (excluídas viaxes de varios días).
Art. 33. Departamentos
Deseñan, programan e informan de custos e prazos de entrega das autorizacións familiares en tempo e forma.
Art. 34. Participación
O alumnado que non participe na actividade ten a obriga de acudir ao centro e realizar as tarefas asignadas nas aulas de garda.
Art. 35. Saídas longas
Nas viaxes de máis de un día rexen todas as normas de convivencia escolares coa mesma vixencia e gravidade que dentro do propio centro.
3.6 - 3.8 Titorías, Delegados/as e Xunta de Delegados.
Art. 36 e 37 Titoría de grupo
O titor dirixe o grupo, tramita xustificacións de faltas de asistencia, elabora calendarios de exames e comunica sanciñóns. As citas de titoría coas familias deben pedirse con 5 días de antelación na conserxería, e non se realizarán as dúas semanas previas ás avaliacións.
Art. 38 a 41 Delegadas e delegados
Representan ao grupo, custodian a chave da aula de referencia (debendo mantela pechada en recreos e cando estean noutras aulas) e avisan das ausencias do profesorado. Poden ser revogados polo grupo ou cesados por acumular 6 puntos de sanciñón.
Art. 42 e 43 Xunta de delegados/as
Composta polos delegados de todos os grupos e representantes no Consello Escolar. Reúnese de forma preceptiva antes e despois de cada sesión do Consello Escolar para recoller propostas, achegar suxestións ou acordos de mellora á directiva.
3.9 Sobre as faltas de asistencia e puntualidade do alumnado.
Art. 44 a 52 Regulación de faltas de asistencia, atrasos e absentismo
Rexistro e Xustificación (Art. 44-46): O control realízase a través de Xade. A xustificación debe ser por causas obxectivas e enviarse exclusivamente a través de abalarMóbil nun prazo máximo de dous días tras a reincorporación. Só se admiten ausencias sen xustificante médico ata 2 días por mes natural en ESO e Bacharelato.
Avaliacións e Exames (Art. 47): A falta de asistencia a exames só se xustifica con documento oficial. De selo, profesor e alumno pactarán unha nova data; se non é xustificada con documento oficial, pérdese o dereito á proba.
Absentismo en ESO (Art. 48): En etapa obrigatoria aplícase o protocolo oficial de Galicia. Se persiste a non asistencia sen xustificación válida, o centro remitirá informes a Servizos Sociais, Inspección e á plataforma de menores RUMI da Xunta de Galicia.
Perda de Avaliación Continua en Ciclos (Art. 49): Se se supera o 10% de faltas inxustificadas respecto do total de horas dun módulo, pérdese a avaliación continua. Enviarase un apercibimento telemático por Xade ao chegar ao 6% de faltas.
Atrasos (Art. 51, 52): Chegar máis de 5 minutos tarde á clase sen causa xustificada considérase falta de asistencia completa; o alumno non entrará á clase e irá á aula de convivencia co profesorado de garda. Tres atrasos sen xustificar equivalen a un punto de sanciñón.
3.10 a 3.14 Acoso, Avaliacións, Ausencias e Plataforma Dixital.
Art. 53 e 54 Protocolo de Acoso Escolar (Equipo ACAE)
Cando haxa indicio ou sospeita de acoso escolar, a dirección iniciará o protocolo e nomeará dous docentes para o Equipo ACAE (Actuación contra o Acoso Escolar), garantindo a súa rotación anual e imparcialidade.
Art. 55 Calendarios de exames
Cando estea establecido un calendario unificado de exames, o profesorado non poderá realizar probas escritas adicionais durante a semana previa a ditas probas.
Art. 56 a 62 Sesiós e procedemento de avaliación
As sesións contan co equipo directivo e orientador. Regúlase a entrega de cualificacións e o dereito á reclamación segundo as ordes oficiais. O Artigo 62 permite a obtención de copias de exames ás familias, pero prohibe formalmente a súa difusión electrónica baixo responsabilidade civil.
Art. 63 a 67 Ausencias de docentes e Plataformas dixitais
O profesorado ten 5 días hábiles para xustificar permisos e ausencias. O centro utiliza de forma corporativa Google Workspace for Education co dominio @iessanmamede.com. As familias deben asinar a aceptación da política de privacidade no momento da matrícula.
FALTAS DE DISCIPLINA E SANCIÓNS
Aspectos Clave do Capítulo IV (Resumo normativo)
- Dous tipos de faltas: Condutas leves (corrixidas por sistema de 1 a 6 puntos) e Condutas gravemente prexudiciais (EXP1.1 a EXP12 con expediente disciplinario).
- Móbiles e dispositivos (Art. 70, 71): O uso sen autorización conleva a retirada inmediata do dispositivo , que quedará custodiado en Xefatura ata que as familias acudan a recollelo. As gravacións ou fotos sen consentimento son consideradas faltas de especial gravidade (EXP4).
- Acumulación de Puntos (Art. 80, 81, 83): Cada punto supón traballos específicos en horario lectivo. Ao alcanzar os 6 puntos actívanse as semanas acumuladas sen extraescolares. Con 12, 18, 24... puntos ábrese procedemento sancionador por reiteración (EXP11).
- Reconquista de Puntos (Art. 84): Recuperación dun punto por cada 30 días seguidos sen condutas contrarias. Se se chegan aos 90 días seguidos sen faltas, o saldo queda en cero.
- Mediación Escolar (Art. 85-87): Alternativa voluntaria para resolución de conflitos. Un proceso de mediación con acordo favorable rebaixa as sanciñóns (atenuante).
Simulador Gráfico de Puntos e Convivencia
Deseñamos un simulador interactivo para que poidas comprobar de xeito visual e gráfico que sancións e medidas correctoras corresponden segundo as condutas leves seleccionadas ou a reconquista de puntos.
4.1 Sobre condutas contrarias á convivencia.
Art. 68 Tipos de condutas
De conformidade co Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro, establécense dous tipos de condutas contrarias á convivencia: condutas leves contrarias á convivencia (artigo 42 do Decreto, corrixidas por sistema de puntos) e condutas gravemente prexudiciais para a convivencia (artigo 34, que levan incoado expediente disciplinario).
Art. 69 Responsabilidade polos danos causados
O alumnado estará obrigado a reparar os danos que cause ás instalacións ou materiais (incluídos informáticos e software) de xeito intencionado ou por neglixencia, ou a indemnizar o seu valor económico. Os proxenitores ou titores legais asumirán a responsabilidade civil derivada destes feitos.
4.2 Sobre o uso de móbiles e dispositivos electrónicos.
Art. 70 a 72 Uso e captación de imaxes
Art. 70 (Uso de móbiles): Réxese polo protocolo da Orde de 4 de xaneiro de 2024 de Galicia. O uso non autorizado conleva a retirada do dispositivo para custodia.
Art. 71 (Captación de imaxes): Queda prohibida a captación de imaxes, audios ou vídeos de calquera membro da comunidade educativa sen o seu consentimento expreso. Nas actividades abertas só se permite captación para uso persoal, quedando prohibida a súa difusión pública en redes sociais ou internet.
Art. 72 (Uso polo centro): O centro poderá captar imaxes do alumnado para fins exclusivamente pedagóxicos ou informativos (web oficial), sempre baixo consentimento asinado na matrícula.
4.3 Condutas leves e procedemento de puntos.
Art. 73 a 75 Puntos de sanciñón e tramitación
As condutas leves corríxense con puntos de sanciñón de 1 a 6. O profesorado pode ordenar saídas puntuais da aula por disrupción mandando ao alumno con tarefas á aula de convivencia co profesorado de garda. O docente ten 3 días para tramitar a sanciñón de puntos no formulario dixital.
Art. 76 a 78 Comunicación e reclamacións
As sanciñóns de 1 ou 2 puntos comunícanse telematicamente en 10 días polos titores. As de 3 ou máis puntos requiren citación presencial e firma das familias. As de perda de asistencia comunícanse por xefatura de estudos con firma obrigatoria. Cae a posibilidade de reclamación á dirección nos 2 días seguintes.
4.4 Concreción de condutas leves e puntos que carrexan (Art. 79).
| Ref | Categoría e Conduta | Puntos |
|---|---|---|
| Comportamento inadecuado na aula ou recinto (A): | ||
| A1 | Falar, rir, facer xestos, ruídos ou actos improcedentes de xeito continuado na clase. | 1 |
| A2 | Usar vocabulario ofensivo. | 1 |
| A3 | Negarse a abandonar a aula cando así o indica o/a docente. | 3 |
| A4 | Permanecer na aula ou corredores durante o recreo ou cambios de clase sen autorización. | 1 |
| A5 | Saír da aula durante a clase sen autorización. | 2 |
| A6 | Comer/beber/mastigar goma de mascar nas dependencias do centro non habilitadas. | 1 |
| A7 | Acudir á cafetería fóra das horas de recreo e sen autorización. | 1 |
| A8 | Utilizar ou manipular os equipos e o demais material informático sen autorización. | 1 |
| A9 | Manifestar síntomas claros de consumo de substancias que alteren a conduta, independentemente de que fosen ou non consumidas no recinto. | 6 |
| A10 | Amosar outros comportamentos inadecuados en actividades lectivas ou extraescolares. | 1 a 3 |
| A11 | Causar danos leves de forma intencionada ou por neglixencia leve ás instalacións e materiais. | 1 a 3 |
| Deber de estudo e asistencia á clase (E): | ||
| E1 | Non traer á clase o material de estudo de xeito reiterado. | 1 |
| E2 | Saír do centro en horario lectivo sen autorización ou acompañamento do profesorado. | 3 |
| E3 | Presentar tres faltas de puntualidade sen xustificación. | 1 |
| E4 | Dedicarse a materias alleas á sesión de clase. | 1 |
| E5 | Amosar unha actitude pasiva reiterada na actividade escolar ou extraescolar. | 1 |
| Relación cos membros da comunidade escolar (C): | ||
| C1 | Participar en pelexas. | 6 |
| C2 | Discriminación non grave contra membros da comunidade por razón de nacemento, raza, sexo, orientación, etc. | 3 |
| C3 | Incorrer en actos de indisciplina, inxurias, faltas de respecto ou ofensas non graves. | 1 a 3 |
| C4 | Cometer agresións físicas ou psíquicas no graves. | 1 a 3 |
| Substancias e obxectos (Sub): | ||
| Sub1 | Consumir tabaco, cigarros electrónicos ou vapeadores (con/sen nicotina) ou alcohol no recinto escolar. | 6 |
| Sub2 | Posuír ou exhibir obxectos perigosos que non revistan gravidade. | 1 a 3 |
| Sub3 | Apropiarse indebidamente de obxectos de xeito non grave. | 1 a 3 |
| Sub4 | Usar, sen autorización, dispositivos electrónicos (móbil, tableta, etc.). Conleva a retirada do dispositivo. | 1 a 3 |
| Outras condutas leves (O): | ||
| O1 | Negarse a entregar o teléfono móbil ou calquera obxecto requirido polo profesorado. | 3 |
| O2 | Incumprir, de xeito non grave, as sanciñóns impostas. | 1 a 3 |
| O3 | Outras condutas leves non categorizadas. | 1 a 6 |
4.5 Medidas correctoras e acumulación de puntos.
Art. 80-82 Escala de sancións por puntos acumulados
Por cada punto imposto, aplícanse traballos específicos en horario lectivo . A suspensión de actividades extraescolares calcúlase a razón de dúas semanas por punto, pero só se fai efectiva cando se acada o limiar de 6 puntos.
Abaixo recóllese a táboa de acumulación de puntos (Artigo 83):
| Puntos | Medidas Correctoras adicionais aplicadas |
|---|---|
| 6 puntos | Actívanse as semanas acumuladas sen actividades extraescolares, calculadas a razón de 2 semanas por punto. Posibilidade de suspensión de asistencia ao centro ou determinadas clases de 1 a 3 días, ou tarefas de 3 a 10 sesións. |
| 12, 18, 24... | Ao acadar cada novo tramo de 6 puntos, incoación de procedemento sancionador por conduta gravemente prexudicial reiterada (EXP11) . |
| 18 ou máis | Reiteración continuada de condutas leves no mesmo curso escolar: entra xa no apartado de condutas gravemente prexudiciais. |
4.6 Reconquista de puntos por boa conduta.
Artigo 84 Tolerancia positiva e reconquista de puntos
O IES San Mamede premia a mellora continuada do alumnado. Se un alumno permanece sen cometer condutas contrarias ás normas de convivencia, recuperará puntos de xeito gradual:
Reconquista -1 Punto
Se non se cometen novas condutas contrarias.
Reconquista -2 Puntos
Se continúa o bo comportamento.
RECONQUISTA TOTAL
O saldo restablécese a cero puntos automáticamente.
4.7 Mediación Escolar.
Art. 85 a 87 Aposta pola mediación
O IES San Mamede promove a resolución pacífica dos conflitos a través do Equipo de Mediación. Esta vía é voluntaria para ambas partes. O inicio do proceso suspende temporalmente as consecuencias do procedemento sancionador en curso, funcionando como un atenuante relevante se o proceso conclúe satisfactoriamente.
4.8 a 4.11 Condutas gravemente prexudiciais e expedientes.
Art. 88 a 95 Expedientes disciplinarios e sancións graves
As condutas graves levan consigo a incoación ineludible de expediente disciplinario baixo dirección de instrutor imparcial (non titor, nin equipo directivo nin directamente implicado) elixido seguindo principios de rotación.
Clasificación de condutas graves (Art. 89): Desde agresións físicas graves (EXP1.2), discriminación grave (EXP2), gravación ou difusión de imaxes degradantes (EXP4), bullying ou ciberbullying (EXP5), falsificación ou alteración de notas ou exames (EXP6), danos materiais intencionados de gravidade (EXP7) ata portar obxectos perigosos (EXP10).
Sancións graves aplicables (Art. 90): Realización de tarefas de interese educativo fóra de horario, perda de extraescolares, cambio de grupo, suspensión do dereito de asistencia a clases específicas de 4 a 14 días ou suspensión total de asistencia ao instituto de 4 días a 1 mes (con obriga de realizar tarefas na casa), ou o cambio definitivo de centro educativo.
Tramitación de condutas graves: A tramitación realízase mediante expediente disciplinario con instrutor imparcial e comunicación ás persoas responsables legais segundo o procedemento previsto nas NOF.
SERVIZOS DO CENTRO
Aspectos Clave do Capítulo V
- Uso de dependencias específicas: Laboratorios, biblioteca, pavillón, debuxo permanecen pechados sen profesorado responsable (Art. 97).
- Biblioteca escolar: Servizo de préstamos: máximo 3 libros por 15 días, ou 3 CDs/DVDs por 5 días (Art. 102).
- Cafetería e comedores: Restrinxida a recreos e horas libres (Art. 104). Prohibido fumar (incluídos vapeadores) e alcohol (Art. 105). No comedor e transporte rexen as mesmas normas de conduta (Art. 108, 111).
- Cesión do centro: Permitido a entidades con 15 días de antelación, con preferencia a concellos adscritos á rede do IES San Mamede (Art. 112).
- Fotocopiadoras: Non se fan copias privadas ao alumnado fóra do recreo. As copias de grupo ordenadas por docentes fanse baixo autorización por carné identificativo (Art. 114, 115).
5.1 Funcionamento de dependencias específicas.
Artigos 96 a 100: O centro dispón de aulas específicas de laboratorios, informática, debuxo, biblioteca e pavillón. Queda totalmente prohibido que o alumnado permaneza no seu interior sen presenza e autorización dun profesor responsable. As reservas efectúanse no taboleiro ou sistema oficial por estrita orde de solicitude.
5.2 Funcionamento da biblioteca escolar.
Artigos 101 a 103: A biblioteca é un centro de recursos. O alumnado pode usala de balde en recreos para consulta ou préstamo, respectando o silencio. O préstamo xestiónase polo Equipo EDBE cun límite de 3 libros por 15 días ou 3 CDs/DVDs por 5 días. Pérdas ou roturas implican reposición inmediata do documento.
5.3 Cafetería, Comedor e Transporte.
Cafetería (Art. 104-105)
Uso limitado a recreos. Prohibición absoluta de tabaco, vapeadores con/sen nicotina e alcohol en calquera espazo do centro.
Comedor (Art. 106-108)
Rexe pola normativa de xestión da Consellería. O alumnado debe hixienizarse, manter a orde e o respecto polo persoal cociñeiro e coidadores.
Transporte (Art. 109-111)
Obrigación de viaxar sentados con cinturóns de seguridade, respectando ao condutor e subindo de xeito ordenado. Incidencias comunícanse a dirección.
5.4 Cesiós de espazos e Fotocopias.
Art. 112 Cesión de instalacións
Cunha antelación mínima de 15 días pódese solicitar a cesión de pavillón ou salón de actos. Teñen prioridade entidades locais de concellos adscritos ao IES San Mamede (como Maceda ou aldeas da contorna) fóra de horario lectivo, cubrindo gastos e danos.
Art. 113 a 115 Uso das fotocopiadoras
Durante as horas de clase non se farán fotocopias de carácter privado ao alumnado; as copias privadas fanse só nos recreos. Para copias de grupo ou exames, o alumnado encargado polo docente (delegado) deberá amosar o carné de autorización do departamento correspondente.
RESUMOS POR SECCIÓN
Unha lectura breve para situarse: que regula cada capítulo, que hai que lembrar e onde ampliar información no resumo por artigos.
Goberno do centro
Como se organiza?
Resume os órganos de goberno e coordinación: dirección, órganos colexiados e funcionamento institucional do centro.
Estrutura, coordinación e responsabilidades
Funcionamento diario
A vida do centro
É o capítulo máis práctico: explica rutinas, permisos, atrasos, titorías, exames e comunicación dixital.
Convivencia
Faltas, puntos e mediación
Servizos
Espazos e recursos
Táboa de sancións por condutas leves
Consulta rápida das condutas leves e os puntos que poden carrexar. Os casos en vermello chegan directamente ao limiar de 6 puntos.
XESTIÓN DE PUNTOS, SANCIÓNS E MEDIACIÓN
Usa este simulador para comprender visualmente como funciona o sistema de puntos de sanción, as medidas correctoras que carrexan, como reconquistar o saldo de puntos e que condutas se consideran graves.
Como funciona a sanción por puntos?
As faltas leves suman puntos. Cada punto implica traballos específicos en horario lectivo; as semanas sen extraescolares só se activan cando se acadan 6 puntos.
Desde o primeiro punto
1 punto = traballos
específicos en horario lectivo
Acumula puntos
As medidas correctoras son a realización de traballos específicos en horario lectivo. A perda de participación en extraescolares queda gardada, pero aínda non se aplica.
Actívase a sanción
Ao chegar a 6 puntos actívase a suspensión de participación en actividades extraescolares: 2 semanas por cada punto acumulado .
Condutas graves por acumulación
Conduta grave por reiteración de condutas leves.
- 12 puntos: posible apertura de procedemento sancionador.
- 18, 24, 30... apertura obrigatoria por cada 6 puntos acumulados.
Exemplo moi sinxelo
2
puntos
traballos lectivos
5
puntos
traballos lectivos. Segue pendente de activación a perda de actividades
6
puntos
actívanse a suspensión de participación en actividades
A idea clave é esta: os puntos sempre teñen medida educativa, pero a perda de extraescolares non se aplica punto a punto; actívase ao chegar ao limiar de 6.
Como se recuperan puntos?
O sistema tamén premia a mellora: se o alumno ou alumna mantén unha boa conduta, pode baixar puntos e volver ao saldo limpo.
Calculadora de Puntos Leves (Art. 79 e 83)
Selecciona ou engade as infraccións cometidas para calcular o balance e ver as sancións aplicadas.
1. Engadir Infracción
2. Simular Reconquista (Art. 84)
Infraccións no Expediente
Expediente totalmente limpo
Engade infraccións á esquerda para comprobar o sistema
Medidas Correctoras Aplicadas
Mentres o balance estea por debaixo de 6 puntos, a perda de extraescolares queda calculada pero pendente de aplicación.
Sabías que...?
Tres faltas de puntualidade inxustificadas computan como 1 punto de sanciñón (Conduta E3). O uso indebido de móbiles (Sub4) carrexa 1-3 puntos e a súa retirada.
O Proceso de Mediación Escolar
O IES San Mamede prioriza a resolución de conflitos mediante a mediación entre iguais. Infórmate do fluxo oficial que segue este procedemento.
Solicitude
Presentase polo alumnado ou familias de forma voluntaria no Departamento de Orientación.
2Valoración
O equipo de mediación valora a viabilidade do conflito e comunica a resolución en 3 días.
3Encontros
Sesións de encontro conducidas por un mediador cualificado e rotatorio do centro.
4Acordo e Atenuante
Os acordos asínanse, arquívanse e suspenden temporalmente o procedemento sancionador ordinario.
As seguintes condutas (EXP) están recollidas no Artigo 89 e implican a apertura do correspondente procedemento disciplinario sancionador pola dirección do centro:
Ofensas e agresións graves
Actos de indisciplina, insultos, agresións físicas ou psíquicas de carácter grave contra calquera membro do centro.
Discriminación grave
Atentados contra a dignidade por razón de xénero, raza, nacemento, orientación sexual ou discapacidade.
Desafío á autoridade
Resistencia grave ás indicacións, ordes ou instrucións do profesorado ou do persoal non docente (PAS).
Bullying e difusión dixital
Acoso escolar (físico, verbal ou telemático) ou gravación e difusión en redes sociais de imaxes degradantes sen consentimento.
Falsificación e danos graves
Falsificar sinaturas ou cualificacións en actas, ou provocar roturas e danos intencionados graves aos materiais do centro.
Reiteración de faltas leves
Apertura automática de expediente ao acumular reiteradamente condutas leves contrarias á convivencia no mesmo curso.