O IES San Mamede pon a disposición do profesorado e alumnado a plataforma IT Skills. Accede a cursos oficiais de Microsoft, Cisco Networking Academy, Linux Professional Institute, Python Institute, English for it, JS Institute (open education & development group), Unity, Meta e máis para potenciar a empregabilidade dos estudantes.
Plataforma 100% Online
Un sistema que permite aprender, practicar e certificar oficialmente.
Acceso á plataforma online con contidos oficiais. Vídeos, lecturas e laboratorios para que o alumno estude ao seu ritmo dende clase ou casa.
Ferramentas de adestramento tipo test para preparar o exame oficial. O alumnado perde o medo e valida os coñecementos antes da proba final.
Como centro PEU Bronze, ofrecemos a cada alumno/a unha certificación oficial gratuíta, así como importantes descontos no caso de que desexe obter máis dunha certificación.
Office Specialist, Azure Fundamentals, AI Fundamentals...
Programación en Python (PCEP, PCAP, PCPP).
Networking, Ciberseguridade e IT Essentials.
Linux Essentials e administración de sistemas.
Certificacións oficiais de linguaxe de programación.
Competencias dixitais esenciais e ofimática.
Actualmente dispoñemos de 100 licenzas para todo o IES San Mamede (Nivel Bronze). Se estás interesado/a en usar estes recursos nunha materia, contacta coa coordinación TIC.
Indica: Materia, Nº de alumnos e tecnoloxía desexada (ex: Python).
* As licenzas asígnanse por orde de solicitude e prioridade pedagóxica.