Ferramentas Profesionais para a túa Aula de FP

A subscrición que permite a docentes e alumnado acceder a software de Microsoft e servizos na nube de xeito gratuíto.

Incluído na subscrición:

  • Licenzas de Windows 10/11
  • Windows Server & SQL Server
  • Visual Studio Enterprise
  • 100$ Crédito Azure / Alumno
  • Visio e Project

Por que temos Azure Dev Tools?

Un recurso esencial para a familia de FP de Informática.

Aforro de Custos

AAcceso legal e gratuíto a software que no mercado ten un custo elevado, tanto para o alumnado como para o profesorado e os laboratorios do centro.

Aprendizaxe Real

O alumnado traballa coas mesmas ferramentas que atoparán na empresa.

Instalación Persoal

Tanto alumnos coma profesores poden descargar e instalar o software nos seus equipos persoais para practicar na casa.

Catálogo de Software

Máis de 100 produtos dispoñibles para descarga directa.

Nota: Office 365 non está en Azure Dev Tools, pero témolo dispoñible para aulas (ver sección Xestión Aulas).

Sistemas Operativos

  • Windows 10 / 11 Education
  • Windows Server 2019/2022

Desenvolvemento

  • Visual Studio Enterprise
  • Visual Studio Code
  • Azure DevOps Server

Datos e Servidores

  • SQL Server Developer/Enterprise
  • SharePoint Server
  • Machine Learning Server

Xestión e Deseño

  • Microsoft Project
  • Microsoft Visio
  • MapPoint

A Nube na Aula: Microsoft Azure

O futuro da informática está na nube. Con esta subscrición, cada estudante recibe un saldo de 100$ USD para usar nos servizos de Azure sen necesidade de tarxeta de crédito.

Máquinas Virtuais

Crea VMs con Windows ou Linux para prácticas de redes e sistemas.

App Services e IA

Aloxa aplicacións web, bases de datos SQL Azure e experimenta con servizos cognitivos.

Sen Risco

Cando se acaba o crédito, o servizo parase. Non hai cobros sorpresa para o alumno.

portal.azure.com
VM Linux
VM WinServer
SQL DB

Xestión de Laboratorios e Licenzas

Software de Laboratorio

Para descargas de imaxes ISO e obtención de claves de produto para a instalación masiva nos equipos do centro (Laboratorios), utilízase o portal de subscricións de Visual Studio.

Contacto autorizado:

drodicio@iessanmamede.com

Acceder a Visual Studio Subscriptions

Office nos Laboratorios (PUE)

Xestión de licenzas de Office para os laboratorios a través do acordo con PUE (Volume Licensing). Isto xestiónase de xeito independente a Azure Dev Tools.

Acceso a través do Microsoft 365 Admin Center.

Ir a M365 Admin Center

Como activo a miña conta persoal?

1

Accede ao Portal

Entra en aka.ms/devtoolsforteaching

2

Loguéate

Usa o teu correo corporativo do centro (nome@iessanmamede.com.

3

Descarga

Busca "Software" no menú da esquerda ou "Education" na barra de busca.

Microsoft Learn

Ademais do software, a plataforma inclúe acceso a roteiros de aprendizaxe oficiais para preparar certificacións (AZ-900, AI-900) que poden engadirse ao currículo.