No IES San Mamede implementamos Google Workspace for Education (antes G Suite for Education), un conxunto de ferramentas de Google destinadas ao ensino, que utilizan dez millóns de alumnas, alumnos, profesoras e profesores de todo o mundo.
"O alumnado e profesorado empregamos as nosas contas de Google Workspace de xeito interno para completar tarefas, comunicarnos e aprender destrezas propias da cidadanía dixital do século XXI."
A nosa aula virtual. Xestión de tarefas e comunicación segura.
Almacenamento na nube do centro para gardar e compartir os traballos.
Procesador de textos, follas de cálculo e presentacións colaborativas.
Correo institucional e videochello para titorías ou clases online.
Este aviso explica que datos persoais facilita o centro a Google para a creación e xestión destas contas educativas, así como o modo en que Google recolle, utiliza e, no seu caso, comunica a información persoal do alumnado no marco de Google Workspace for Education.
O Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) esixe o consentimento expreso das persoas proxenitoras ou titoras legais para o tratamento dos datos persoais do alumnado menor de idade.
A marcación e sinatura do recadro correspondente no impreso oficial de matrícula implica a autorización para a creación e uso da conta de Google Workspace for Education, así como a aceptación expresa do tratamento dos datos persoais nos termos recollidos nas condicións do servizo e na política de privacidade, accesibles nesta mesma páxina web mediante as ligazóns oficiais.
O consentimento poderá revogarse en calquera momento solicitándoo por escrito ao centro, o que implicará a desactivación da conta educativa.
O IES San Mamede actúa como responsable do tratamento dos datos do alumnado. Google actúa como encargado do tratamento no marco das condicións contractuais de Google Workspace for Education (incluíndo o Acordo de Procesamento de Datos - DPA).
O IES San Mamede proporciona datos básicos (Nome, apelidos, curso) para crear a conta.
Importante: Nos servizos principais de educación, Google non serve publicidade nin utiliza os datos do alumnado con fins comerciais.
* O centro poderá autorizar o uso de aplicacións educativas de terceiros mediante inicio de sesión coa conta institucional de Google. Nestes casos só se compartirán datos básicos de identificación (nome, apelidos, correo electrónico e imaxe de perfil).
Este é o documento máis importante. Explica especificamente como se protexen as contas educativas (as do IES San Mamede), que teñen unha privacidade moito máis estrita que as contas persoais de Gmail (sen anuncios, sen rastrexo comercial).
Ler Aviso de Privacidade de Google Workspace for EducationEstas son as normas xerais que aplican a Google como empresa e a todos os seus servizos básicos. É un marco legal máis amplo que complementa ao anterior.
Ler Política XeralAs Condicións de Servizo de Google Workspace for Education establecen o marco legal que regula o uso do servizo no ámbito educativo. Inclúen as condicións aplicables por URL e o Acordo de Tratamento de Datos (DPA / Data Processing Addendum).
Ler Condicións de ServizoPara calquera dúbida técnica, cuestión relativa á xestión dos datos ou desexa exercer os seus dereitos en materia de protección de datos, pode contactar coa administración do centro no seguinte enderezo:: ies.san.mamede@edu.xunta.gal