Secretaría e Admisión     Curso 2026/2027

Matrícula ESO e Bacharelato

Benvido/a ao portal informativo de matriculación para ESO e Bacharelato IES San Mamede .

Prazo de entrega presencial

Ata o 7 de Xullo de 2026

Antes de asinar as follas de matrícula...

É conveniente ler detalladamente a información sobre as condicións de permanencia, as normas do centro e as autorizacións de imaxe e saídas. Esta información pode consultarse no punto 4 do menú inferior ou premendo no botón da dereita.

Como desexas realizar a matrícula?

Ofrecemos dúas vías de tramitación. Recomendamos a vía presencial para garantir que as materias elixidas sexan totalmente compatibles.

Recomendada

Presencial

Aconsellada polo centro

O impreso de matrícula, xunto coa documentación requirida indicada na primeira páxina, deberá entregarse na Secretaría do IES San Mamede.

Alumnado xa matriculado no IES San Mamede:

Entregaráselle un impreso personalizado xa cuberto cos datos dispoñibles e coa configuración de materias proposta segundo a súa prematrícula.

Novo alumnado no centro:

Deberá cubrir o impreso de matrícula xenérico dispoñible para descarga na pestana superior de documentación ou na secretaría do centro.

Data límite de entrega: Martes, 7 de Xullo de 2026

Telemática (En Liña)

Guía paso a paso para realizar a matrícula telemática

Non se recomenda empregar este método. O desexable é realizar a matrícula presencialmente na secretaría do centro, especialmente a partir de 3º ESO, xa que o proceso telemático pode xerar erros na selección de materias optativas, itinerarios e modalidades.


Ademais, a matrícula en liña require descargar diversos documentos, cubrilos, asinalos e posteriormente escanealos ou fotografialos para a súa presentación, polo que este sistema só se recomenda cando non sexa posible acudir presencialmente ao centro.

Antes de iniciar a matrícula telemática, recomendamos consultar a Guía de Matrícula en Liña do IES San Mamede , onde se explica paso a paso todo o procedemento, incluíndo a selección correcta de materias, itinerarios, documentación necesaria e a forma de finalizar o trámite.

1

Consulte primeiro a Guía de Matrícula en Liña do IES San Mamede para coñecer o procedemento completo.

2

Revise os itinerarios e as materias que debe seleccionar segundo o curso no que se matricula.

3

Acceda ao aplicativo oficial da Xunta e complete a matrícula seguindo as indicacións da guía.

4

Recoméndase revisar con atención as materias seleccionadas antes de finalizar a matrícula para evitar erros que posteriormente deban ser corrixidos polo centro.

Documentación e Oferta Educativa

Consulta e descarga os plans de estudo e os impresos oficiais de matrícula para entregalos presencialmente.

Se es alumno/a novo/a ou non estiveches matriculado no IES San Mamede este curso, podes descargar aquí o documento xenérico para imprimir, cubrilo en papel e entregalo. Tamén os tes dispoñibles presencialmente en Secretaría.

Abrir en Drive

É de suma importancia que consultes a oferta para escoller correctamente materias dispoñibles no noso centro. Especialmente se te matriculas en liña, pois a plataforma autonómica permite combinar materias que non temos dispoñibles no IES San Mamede.

Abrir en Drive

Pago de Taxas Escolares

O pago realizarase de xeito presencial na secretaría do centro independentemente de se matriculas en liña ou en persoa.

O pago das taxas correspondentes pódese realizar ata unha semana despois do inicio das clases en setembro na secretaría do centro.

Selecciona o curso de matrícula:

Desexas axenda escolar do centro?

Para os alumnos de FP CM e CS a axenda escolar é totalmente opcional.

Desglose de Pago Tarifa 2026/27

Axenda Escolar
Seguro Escolar
Alugueiro Gabetas
Gastos de Matrícula
Importe Total:

Págase na administración do centro, en efectivo ou polos medios dispoñibles en secretaría.

Preguntas Frecuentes

Se non dispós destas credenciais telemáticas, podes solicitalas seguindo as ligazóns facilitadas no paso en liña da nosa web ou ben optar pola modalidade de matrícula presencial entregando os impresos no centro. É máis cómoda e directa.
O centro facilita directamente estes formularios personalizados ao alumnado que repite ou promociona dentro do noso centro. Se non o recibiches polo teu titor/a ou precisas un duplicado, podes solicitalo na secretaría no momento do trámite.
Non é obrigatorio realizalo o mesmo día que presentas o trámite online, pero recorda que o pago debe formalizarse de forma presencial na administración antes de que pase unha semana desde o inicio de curso en setembro.
Podes facelo no cartafol de Oferta Educativa que atoparás na segunda pestana desta páxina. Nel detállanse todos os itinerarios específicos que temos habilitados no IES San Mamede.