Axuda ás familias Curso 2026/2027

Matrícula en Liña

Guía dixital interactiva baseada nas instrucións oficiais do IES San Mamede .

Prazo ESO e Bacharelato

23 xuño - 7 xullo 2026

Infantil/Primaria: 20-30 xuño

Documento oficial en PDF Descargar a guía completa coa información para facer a matrícula en liña AdmisionAlumnado Acceso ao aplicativo oficial Autorizacións Información antes de asinar

Que é a matrícula en liña?

A matrícula en liña permite formalizar a matrícula sen desprazarse ao centro educativo. Esta modalidade convive coa tramitación presencial, polo que cada familia pode escoller a opción que mellor se adapte ás súas necesidades.

Recomendación de matrícula presencial

Non se recomenda empregar a matriculación en liña se é posible acudir ao centro. O desexable é realizar a matrícula presencialmente na secretaría, especialmente a partir de 3º ESO , xa que o proceso telemático pode xerar erros na selección de materias optativas, itinerarios e modalidades.

Ademais, a matrícula en liña require descargar diversos documentos, cubrilos, asinalos e posteriormente escanealos ou fotografalos para a súa presentación, polo que este sistema só se recomenda cando non sexa posible acudir presencialmente ao centro.

Como se cobre a matrícula en liña?

Nesta sección explícase o proceso completo. Cada opción do menú corresponde cun paso da matrícula.

Paso 1

Acceso á aplicación para a matrícula en liña

O acceso realízase a través do aplicativo AdmisionAlumnado da Consellería de Educación

Para iniciar sesión, debe premerse no botón verde da parte superior dereita ou no botón azul Entrar Iniciando Sesión:

Pantalla de inicio de sesión en AdmisionAlumnado

Para acceder será necesario autenticarse mediante un dos seguintes sistemas:

  • Chave365 , seleccionando a opción correspondente no menú despregable.
  • Certificado dixital ou DNI dixital, seleccionando Entrar baixo a opción Ou entre con certificado dixital .
  • Usuario corporativo xunta.gal ou edu.xunta.gal.
Login en AdmisionAlumnado

Unha vez confirmada a identidade, na esquina superior dereita aparecerá o nome e apelidos da persoa usuaria autenticada e un botón vermello para pechar a sesión:

Sesión iniciada en AdmisionAlumnado
Paso 2

Inicio da matrícula

Para iniciar o procedemento de matrícula en liña existen dúas opcións:

1. Alumnado con admisión 2026/27 e praza asignada

Debe acceder ao menú 2.6 As miñas solicitudes e premer no despregable de opcións, escollendo Matricular para xerar a solicitude de matrícula.

Alumnado con admisión previa en AdmisionAlumnado

2. Alumnado sen admisión previa 2026/27

Debe acceder á opción 2.4.1 Crear , seguindo a ruta 2.4 Matrícula > 2.4.1 Crear .

Alumnado sen admisión previa en AdmisionAlumnado
Paso 3

Datos persoais, centro, curso e servizos

1

Datos da persoa solicitante

Datos da persoa solicitante e da persoa proxenitora ou acolledora, de ser o caso. De ser preciso, o enderezo pode actualizarse nesta sección.

2

Datos da alumna ou alumno

Datos identificativos da alumna ou alumno que se vai matricular.

3

Centro docente, curso e servizos complementarios

Deberán cubrirse o centro docente e o curso no que se formaliza a matrícula.

No caso de que o centro dispoña de servizo de comedor e/ou transporte escolar, aparecerá unha pregunta sobre se se solicita a prestación destes servizos, incluída a parada de transporte. Debe responderse SI ou NON . Se se indica SI para o transporte escolar, deberá indicarse a parada correspondente.

A solicitude de comedor ou transporte realizada neste apartado ten carácter informativo para o centro. Para ser beneficiario destes servizos é necesario presentar a solicitude correspondente nos prazos e polo procedemento establecido.

Paso 4

Guía de itinerarios e materias

Escolla o curso para ver, de forma visual e sinxela, que opcións debe marcar no aplicativo. As materias comúns aparecerán xa indicadas pola propia aplicación.

Importante: para o alumnado xa matriculado no IES San Mamede no curso 2025/26, deben seleccionarse as mesmas materias indicadas na prematrícula en papel.

1º e 2º ESO

1

Materias comúns

Aparecen xa marcadas no aplicativo.

2

Escoller unha opción

  • • Proxecto Competencial
  • • Ensinanzas Relixiosas

3º ESO

1

Itinerario

Na pestana Itinerario , debe marcarse:

Itinerario único

2

Escoller unha opción

  • • Proxecto Competencial
  • • Ensinanzas Relixiosas
3

Escoller unha optativa

  • • Cultura Clásica
  • • Francés

4º ESO

1

Escoller itinerario

Hai dúas opcións:

Itinerario de Ciencias
Itinerario de Humanidades e Ciencias Sociais
2

Escoller matemáticas

En función do itinerario escollido no paso anterior, é obrigatorio seleccionar:

  • • Se escolleu Ciencias , debe marcar Matemáticas B .
  • • Se escolleu Humanidades e Ciencias Sociais , debe marcar Matemáticas A .
3

Escoller unha opción

  • • Proxecto Competencial
  • • Ensinanzas Relixiosas
4

Materias de opción

En función do itinerario seleccionado no paso 1, a aplicación marcará automaticamente dúas materias de opción:

Se escolleu Ciencias:

  • • Bioloxía e Xeoloxía
  • • Física e Química

Se escolleu Humanidades e Ciencias Sociais:

  • • Economía e Emprendemento
  • • Latín

Ademais, deberá escoller unha terceira materia de opción:

  • • Dixitalización
  • • Francés
5

Escoller unha optativa

  • • Expresión Artística
  • • Música

1º Bacharelato

1

Escoller modalidade

  • • Ciencias e Tecnoloxía
  • • Humanidades e Ciencias Sociais
2

Escoller itinerario

En función da modalidade escollida no paso anterior, debe seleccionar:

Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía

  • • Itinerario de Ciencias e Tecnoloxía

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

  • • Ciencias Sociais
  • • Humanidades
3

Materia obrigatoria

En función do itinerario escollido no paso anterior, é obrigatorio seleccionar:

Itinerario de Ciencias e Tecnoloxía

  • • Matemáticas I (selecciónase automaticamente)

Itinerario de Ciencias Sociais

  • • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I

Itinerario de Humanidades

  • • Latín I
4

Materias de opción da modalidade

En función do itinerario escollido no paso 2, a aplicación marcará automaticamente parte das materias de opción e, nalgúns casos, será necesario realizar unha escolla adicional.

Itinerario de Ciencias e Tecnoloxía

Seleccionarase automaticamente:

  • • Física e Química

Ademais, deberá escoller unha das seguintes materias:

  • • Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais
  • • Debuxo Técnico I
  • • Tecnoloxía e Enxeñaría I

Itinerario de Humanidades

Seleccionaranse automaticamente:

  • • Grego I
  • • Historia do Mundo Contemporáneo

Itinerario de Ciencias Sociais

Seleccionaranse automaticamente:

  • • Economía
  • • Historia do Mundo Contemporáneo
5

Escoller unha optativa xeral

  • • Linguaxe e Práctica Musical
  • • Francés

2º Bacharelato

1

Escoller modalidade

  • • Ciencias e Tecnoloxía
  • • Humanidades e Ciencias Sociais
2

Escoller itinerario

En función da modalidade escollida no paso anterior, debe seleccionar:

Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía

  • • Itinerario A
  • • Itinerario B
  • • Itinerario C

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

  • • Ciencias Sociais
  • • Humanidades
3

Materia obrigatoria

En función do itinerario escollido no paso anterior, é obrigatorio seleccionar:

Itinerarios A, B ou C

Escoller unha materia entre:

  • • Matemáticas II
  • • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II

Itinerario de Ciencias Sociais

  • • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II

Itinerario de Humanidades

  • • Latín II
4

Materias de opción da modalidade

En función do itinerario escollido no paso 2, a aplicación seleccionará automaticamente as seguintes materias de opción:

Itinerario A (Ciencias e Tecnoloxía)

  • • Física
  • • Debuxo Técnico II

Itinerario B (Ciencias e Tecnoloxía)

  • • Bioloxía
  • • Química

Itinerario C (Ciencias e Tecnoloxía)

  • • Bioloxía
  • • Xeoloxía e Ciencias Ambientais

Itinerario de Humanidades

  • • Grego II
  • • Historia da Arte

Itinerario de Ciencias Sociais

  • • Empresa e Deseño de Modelos de Negocio
  • • Xeografía
5

Escoller unha optativa xeral

  • • Métodos Estatísticos e Numéricos
  • • Psicoloxía
Paso 5

Ler antes de achegar Documentación:

Entre a documentación que se debe achegar figuran diversas autorizacións e declaracións. Recoméndase ler antes a información complementaria sobre autorizacións, condicións de permanencia e normas do centro.

Ler antes de cubrir e asinar

Antes de encher as autorizacións, consulta a información detallada dispoñible na páxina:

Abrir información de autorizacións

Como Achegar Documentación:

Como se achegan os documentos?

A documentación achégase premendo no botón Achegar Documento:

Documentos en AdmisionAlumnado

Formatos admitidos

pdf, png, gif, jpeg.

Tamaño máximo

5 MB por ficheiro.

Documentos pendentes

Poden achegarse dentro do prazo da matrícula en liña.

A obrigatoriedade de entregar un documento non impide continuar coa tramitación da matrícula. Os documentos pendentes poderán achegarse, dentro do prazo establecido, a través do propio aplicativo. Unha vez rematado o prazo, só poderán entregarse de forma presencial no centro.

Documentación que se debe achegar:

Documentos obrigatorios

  • Fotocopia DNI/NIE representantes legais — obrigatorio.
  • Outro 1: DNI/NIE do alumno/a a matricular — obrigatorio.
  • Outro 2: Autorizacións — obrigatorio. O modelo correspondente debe descargarse segundo a ensinanza na que se formalice a matrícula: ESO ou Bacharelato .

Documento opcional

Outro 3: Impreso de solicitude do comedor , só no caso de solicitalo.

Lembra que indicar no aplicativo que se solicita comedor ou transporte ten efectos informativos para o centro. É preciso formalizar a solicitude correspondente no prazo e polo procedemento establecido.

Descarga de documentos para achegar coa matrícula:

Paso 6

Finalizar a formalización da matrícula

Para rematar a matrícula en liña, é necesario crear a solicitude e xerar o xustificante en PDF.

Pantalla de inicio de sesión en AdmisionAlumnado
1

Premer en Crear

Para finalizar a matriculación en liña, deberase premer no botón Crear .

2

Ver Solicitude de Matrícula

O sistema amosará a pantalla de rexistro de matrícula. Na columna Opcións aparecerá o botón Ver Solicitude De Matrícula , que permite revisar e verificar a información.

3

Xerar Informe

Ao visualizar a solicitude, deberá premerse no botón Xerar Informe , situado ao final da pantalla. O PDF quedará dispoñible no Buzón de Informes .

Opción recomendada: de xeito inmediato

Na mesma pantalla de rexistro de matrícula, xusto ao finalizar o proceso, pódese premer directamente no botón Ver Solicitude de Matrícula .

Opción a posteriori

Se non se descargou no seu momento, poderá obterse máis adiante accedendo ao menú 2.6 As miñas solicitudes . Unha vez aí, existen dúas vías:

  • • Premer no botón Rexistrar matrícula e seguir as indicacións anteriores.
  • • Ir directamente á columna Opcións e seleccionar Ver Solicitude de Matrícula .

En ambos os dous casos, unha vez visualizada a solicitude, deberá premerse en Xerar Informe . O sistema creará o documento PDF, ao que se poderá acceder desde o Buzón de Informes .

Ir a AdmisionAlumnado

Preguntas frecuentes

Non. Para acceder ao aplicativo é necesario autenticarse mediante certificado ou DNI dixital, Chave365 ou usuario corporativo xunta.gal / edu.xunta.gal. Se non é posible, recoméndase realizar a matrícula presencialmente na secretaría do centro.
Debe responderse SI ou NON no aplicativo. Con todo, unha resposta afirmativa só ten efectos informativos para o centro. Para ser persoa beneficiaria destes servizos é necesario formalizar a solicitude correspondente nos prazos e polo procedemento establecido.
A obrigatoriedade de entregar un documento non impide continuar coa matrícula. Os documentos pendentes poderán achegarse dentro do prazo establecido a través do aplicativo. Rematado o prazo, só poderán entregarse de forma presencial no centro.
Debe premer en Ver Solicitude de Matrícula e, ao final da pantalla, en Xerar Informe . O sistema creará un PDF accesible desde o Buzón de Informes .